Outras tarefas que levamos a cabo no encerado dixital foron xogos con elementos do outono no que facemos distintas actividades de lóxica como atopar os intrusos, recoñecer as sombras dos elementos, xogar coas cantidades...
A rapazada de 5º de infantil, por grupos de traballo, facemos quebracabezas do Nadal traballando a coordinación ollo-mano, a motricidade fina, o pensamento lóxico… os/as alumnos/as teñen que dirixir “arriba/abaixo”... sendo un traballo colaborativo.
Tamén aprendemos a localizar onde viven en Google maps, buscar cidades que coñezan (Vigo, Madrid, Barcelona) e buscar Roma que é a capital do país que estamos a traballar no Proxecto.
A rapazada de 6º de infantil tomou en serio o seu proxecto. Por unha banda, observando a porta da nosa aula podemos ver algunha das fichas que fixemos ao longo do trimestre sobre o Reino Unido, que se foron completando poc a poco na PDI, para ir compartindo os contidos acadados co noso pasillo, a través dunha porta de aula interactiva.
Por outra banda, buscamos información sobre Alemaña, localización, monumentos, gastronomía; tamén usamos o visor para fotografiar a ficha do proxecto de alemaña para así poder completar entre todos, para visualizala nun tamaño maior, o que facilita moito o traballo de achegamento á lecto-escritura.
Esta rapazada non para! Pronto vos amosaremos máis cousiñas!
Agardamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario