Como cada mes de febreiro, conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, coa elaboración de flores que intercambiar entre o alumnado; flores con versos.
Tras unha breve iniciación no mundo da robótica da man do Beebot e do EARL 2, a rapazada de 5º C anímase a subir de nivel. Hoxe fixeron unha pequena incursión no mundo de Matatalab, da man do Coding set.
Esta ferrmenta lúdica ensínalles a codificar coa axuda de fichas de cores que o alumnado coloca nun taboleiro. A torre de control visuliza o código que o alumnado programa para realizar o circuito e o robot executa as instruccións dictadas.
Para acadar unha boa comprensión do manexo da ferramenta e con intención de introducila na nosa vida escolar, o alumnado elaboraba os circuitos e logo as instruccións e viceversa.
Agardamos que guste!!!
A rapazada de 6º elaborou un cartaz informativo para informar sobre o Concurso da nosa Radio. Utilizamos IA e CANVA. Foi unha experiencia interesante e divertida. O cartaz atópase exposto na entrada da nosa biblioteca
Agora todo o alumnado está informado e pode participar!!!!
Agardamos que vos guste!
O alumnado de 6º de infantil estivo traballando o vocabulario do inverno cun axudante moi especial, o bee-bot: unindo imaxe-palabra, polo que tiñan que ler ou recoñecer as letras polas que empezaban.
O alumnado de 2º, polas conmemoracións do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, participou nun xogo de mulleres científicas con robot educativo. A actividade tiña como obxectivos:
Coñecer e identificar mulleres científicas relevantes e as súas achegas á ciencia. Relacionar cada científica co descubrimento ou investigación que a fixo destacada.
Desenvolver a curiosidade científica e o interese pola investigación. Fomentar a igualdade de xénero na ciencia, visibilizando referentes femininos.
O alumnado organízouse en equipos de 3 ou 4 persoas.
No panel aparecen imaxes de diferentes mulleres científicas e existen tarxetas cos seus descubrimentos ou achegas á ciencia.
Pasos:
1. Cada equipo colle unha tarxeta co nome dunha científica ou co seu descubrimento.
2. O grupo debe identificar a científica correspondente no panel.
3. A continuación, programan o robot educativo (Earl/Bee-Bot) para que se despraze polo taboleiro ata chegar á imaxe da científica.
4. Finalmente, deben levar o robot ata a tarxeta co descubrimento científico relacionado con ela.
Se a relación é correcta e o robot chega ao destino axeitado, o equipo supera o reto.
Agardamos que vos guste!! |
Finalmente recibimos resposta do Rutherford School de New Jersey. Tras ter colaborado co alumnado desta escola no seu proxecto Hearts around the world! Recibimos unha carta de volta, que nos fixo moita ilusión!
Na primeira parte escrita en español, dan as grazas por terlles escrito e ensinarlles cousas do noso cole e da nosa rexión.
Na segunda parte, a súa mestra felicita ao noso alumnado polo seu inglés e por ter trabllado tanto na tarxeta enviada.
Menuda aventura!
As nenas e nenos de 3 anos iniciámonos estes días na robótica da man do EARL2. Con él estivemos debuxando libremente e tratando de facer as iniciais dos nosos nomes.
O resultado foi un mural ben bonito, cheo de cor e de creatividade.
Tamén fixemos diferentes percorridos con construcións para coñecer o seu funcionamento.
A rapazada de 3º, con motivo do proxecto de centro A viaxe que nos une, elaboraron uns cootie catchers (comecocos) temáticos, relativos aos países asignados aos distintos grupos: Canadá e USA, que ademáis de decorar, completaron con preguntas e respostas sobre aspectos culturais dos distintos países, e que finalmente empregaron para interactuar oralmente.
A parazada de 5º xa sabe todo sobre os ecosistemas. Nin a flora nin a fauna supoñen un problema. Tanto é así que fixeron unha actividade moi completa. Debuxalos, debuxar os seus habitantes, definilos e resolver retos con axuda dun Beebot.
O alumnado de 6º, dende as seccións bilingües, trae unha mostra do traballo que fixeron pola conmemoración do Aninovo Chinés, este ano adeicado ao cabalo: The year of the Fire Horse, que traerá cambio, innovación e novas oportunidades.
Con este novo proxecto achegámonos un pouco máis á comunidade chinesa e a súa cultura, parte do cometido do proxecto de centro, A viaxe que nos une.
Este foi o proceso.
E este foi o resultado!!!
Parabéns, artistas!!!
