CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

mércores, 28 de xaneiro de 2026

Ted Harrison inspired

O alumnado de 5º creou paisaxes inspirados en Ted Harrison, orixinario do Reino Unido pero namorado dos Territorios do Yukón, convertíndose así nun dos pintores favoritos de Canadá.


Estas paisaxes caracterízanse polas formas simples e cores vivas, como mostra este oso polar, debuxado de forma moi simple acompañado dun fondo moi colorido. 

 

Aquí deixamos unha pequena mostra do proceso. 

 



Este é o resultado.




 Agardamos que vos guste!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario