CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
luns, 12 de maio de 2025
Matata Lab
Comezamos a semana grande das nosas Letras. Este ano as homenaxeadas son as cantareiras. O alumnado de 6º de primaria iniciouse no uso dunha ferramenta nova: o coding set, de Matata Lab, para resolver retos relacionados coas cantigas e cantareiras. Ademais de manexar o robot e resolver cadanseu reto, leron códigos QR, coa axuda da tablet, nos que escoitaron cantigas tradicionais.
Trátase dun robot educativo sinxelo e atractivo, co que iniciar ao alumnado en robótica e programación sen internet nin apps.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario