CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

venres, 25 de abril de 2025

1, 2, 3... Probando!

Na nosa incesante busca por sorprender e motivar ao noso alumnado con diversidade de experiencias, esta semana tivemos unha primeira toma de contacto, nunca mellor dito, cun novo material: o Tecla a Tecla, consistente nunha placa electrónica baseada en Arduino, que funciona como un emulador de varias teclas do teclado e botóns do rato. 

O concepto básico é a condutividade. Calquera material condutor que conectemos á placa poderá converterse nunha tecla máis do teclado.


Conectando os latiguillos de tipo cocodrilo, que serán a extensión das teclas de movemento do cursor, tecla espazo, e botón esquerdo do rato, tanto á placa Arduino como a distintos materiais condutores, poderemos dotalos de acción. Neste caso dotámolos de música!!!


Tocamos por pracer, e para iso empregamos como escusa o repaso de conceptos que xa temos afianzados, como son as cores en lingua estranxeira.

A medida que dominemos a técnica, faremos desta unha ferramenta máis do noso repertorio, e usarémola ao noso antollo para enriquecer a nosa aprendizaxe. Permanecede atent@s!!!

Unha vez máis, comprobamos que esta rapazada atrévese con todo!!! 👏

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario