CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

venres, 19 de decembro de 2025

Paisaxes de inverno

 Dende as seccións bilingües a rapazada de 5º e 6º traballan as paisaxes de inverno.



 

Aquí hai outra perspectiva da paisaxe... A paisaxe con perspectiva: one-point perspective
 

De outono a Nadal, con axuda dun mapa!!!

 Outras tarefas que levamos a cabo no encerado dixital foron xogos con elementos do outono no que facemos distintas actividades de lóxica como atopar os intrusos, recoñecer as sombras dos elementos, xogar coas cantidades... 

 

A rapazada de 5º de infantil, por grupos de traballo, facemos quebracabezas do Nadal traballando a coordinación ollo-mano, a motricidade fina, o pensamento lóxico… os/as alumnos/as teñen que dirixir “arriba/abaixo”... sendo un traballo colaborativo.

 

 Tamén aprendemos a localizar onde viven en Google maps, buscar cidades que coñezan (Vigo, Madrid, Barcelona) e buscar Roma que é a capital do país que estamos a traballar no Proxecto. 

         

 A rapazada de 6º de infantil tomou en serio o seu proxecto. Por unha banda, observando a porta da nosa aula podemos ver algunha das fichas que fixemos ao longo do trimestre sobre o Reino Unido, que se foron completando poc a poco na PDI, para ir compartindo os contidos acadados co noso pasillo, a través dunha porta de aula interactiva.

 

            

Por outra banda, buscamos información sobre Alemaña, localización, monumentos, gastronomía; tamén usamos o visor para fotografiar a ficha do proxecto de alemaña para así poder completar entre todos, para visualizala nun tamaño maior, o que facilita moito o traballo de achegamento á lecto-escritura.

                      

Esta rapazada non para! Pronto vos amosaremos máis cousiñas!

Agardamos que vos guste! 

luns, 15 de decembro de 2025

Rapazada ocupada!

 

A continuación queremos compartir algunhas das tarefas do rpimeiro trimestre en Infantil. 

 A rapazada de 4º de Infantil traballamos o esquema corporal e entre todos e todas debuxamos na pizarra dixital as partes do noso corpo.



 
Tamén coñecemos diferentes figuras e logo decoramos con distintos elementos intentando facer grafismos creativos.



Coa chegada do nadal, tras a lectura do conto El muñeco de nieve feliz, fixemos o noso propio debuxo do relato na PDI. Primeiro comezamos elixindo as figuras xeométricas para o noso debuxo do boneco de neve, e despois enchémolas con diferentes cores poñendo a proba a nosa imaxinación e creatividade. Como lles gustou o resultado decidiron debuxar tamén unha árbore de nadal.

                    

Finalmente, con motivo da celebración do día da discapacidade, 3 de decembro, e tras ler o conto O paraugas da Cebra, a rapazada de 6º de Infantil debuxamos na PDI o noso propio paraugas. 


 

Agardamos que vos guste! 

venres, 12 de decembro de 2025

A viaxe que nos une: Canadá

Como parte do proxecto de centro: A viaxe que nos une, o alumnado de 3º A, familiarizase a fondo coa bandeira do país asignado e aprenden a usar o lapis 3D. Están a facer unhas follas de arce, árbore emblemática deste país, perfilándoas... 

                                                                                  

 Agardamos que vos guste!

xoves, 11 de decembro de 2025

Nadal da man do Beebot

 O alumnado de 4º de EI desfruta cada visita do Beebot. Na sesión de novembro fixemos un trato: o beebot volvería de visita se eles colaboraban na elaboración do taboleiro. E así foi:

Repartimos motivos da conmemoración, para colorear:

 

                 
 
A mestra levou o taboleiro debuxado... E eles aportaron os debuxos coloreados:

Todo listo para xogar!!!!! Snowman, Santa, reindeer... 1, 2... Go, go, go!!!!


Cada acerto foi festexado cunha morea de aplausos!!! Abofé que nos divertimos!!! Bo traballo!!!

Agardamos que vos guste!! 

martes, 9 de decembro de 2025

Can you play sports?

Rematando xa o trimestre o alumnado de 3º ponse a proba nunha breve entrevista sobre os deportes que dominan. Este alumnado está en forma!!! Escoitade atentamente!

                                                                      3º A


     
                                                                3ºB


 Agardamos que vos guste!