A rapazada de 3º, con motivo do proxecto de centro A viaxe que nos une, elaboraron uns cootie catchers (comecocos) temáticos, relativos aos países asignados aos distintos grupos: Canadá e USA, que ademáis de decorar, completaron con preguntas e respostas sobre aspectos culturais dos distintos países, e que finalmente empregaron para interactuar oralmente.
CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
luns, 9 de marzo de 2026
xoves, 5 de marzo de 2026
Os ecosistemas
A parazada de 5º xa sabe todo sobre os ecosistemas. Nin a flora nin a fauna supoñen un problema. Tanto é así que fixeron unha actividade moi completa. Debuxalos, debuxar os seus habitantes, definilos e resolver retos con axuda dun Beebot.
Elaboraron o seu propio taboleiro e os retos para moverse por el, demostrando que dominan o tema. Xogaron a adiviñar cal é cal. Comprobado, teñen o tema dominado!!
xoves, 26 de febreiro de 2026
Lunar New Year
O alumnado de 6º, dende as seccións bilingües, trae unha mostra do traballo que fixeron pola conmemoración do Aninovo Chinés, este ano adeicado ao cabalo: The year of the Fire Horse, que traerá cambio, innovación e novas oportunidades.
Con este novo proxecto achegámonos un pouco máis á comunidade chinesa e a súa cultura, parte do cometido do proxecto de centro, A viaxe que nos une.
Este foi o proceso.
E este foi o resultado!!!
Parabéns, artistas!!!
luns, 2 de febreiro de 2026
Hearts Around the World
Co gallo do proxecto de centro, A viaxe que nos une, o alumnado de 3º B animouse a participar no proxecto Hearts around the world, que consiste en enviar mensaxes de amizade, por Sanvalentín, a alumnado dunha escola dos Estados Unidos, país que lle foi asignado para coñecer e profundidade durante o presente curso escolar.
Pouco a pouco, redactamos pequenas mensaxes individuais, escritas en inglés.
Todas sumaron e foron collendo forma, ata converterse nun todo moi bonito.
Agora esa gran mostra de traballo en equipo vai voando cara Estados Unidos, máis concretamente voa a New Jersey, ao Washington School, onde o recibirá o alumnado de Ms D'Anneo.
Sobre este proxecto: Hearts Around the world diremos que é anual e tradición nas escolas estadounidenses. O profesorado anuncia de diversas formas que estarían interesados en recibir cartas de San Valentín de todo os estados ou incluso de outros países, co obxectivo de situalas xeográficamente nun mapa e aprender sobre eses lugares dende onde lles están escribindo. Esta foi a nosa aportación, para que nos coñezan algo mellor:
Quedamos á espera de que a reciban e ter novas dende aló, que de seguro vos contaremos.
Agardamos que vos guste.
mércores, 28 de xaneiro de 2026
Ted Harrison inspired
O alumnado de 5º creou paisaxes inspirados en Ted Harrison, orixinario do Reino Unido pero namorado dos Territorios do Yukón, convertíndose así nun dos pintores favoritos de Canadá.
Estas paisaxes caracterízanse polas formas simples e cores vivas, como mostra este oso polar, debuxado de forma moi simple acompañado dun fondo moi colorido.
Aquí deixamos unha pequena mostra do proceso.
Este é o resultado.
Agardamos que vos guste!!!
martes, 20 de xaneiro de 2026
Happy New Year!!!
Comezamos ano novo, mes e trimestre!! Con ganas e moitos proxectos!! Neste pequeno gran forno que é a nosa escola xa se están a cocer boas ideas...
O alumnado de 3º leva a rutina do calendario ao máximo expoñente: cun calendario dixital no que anotan ata cando che cae un dente.
Pero 6º de Infantil tamén ven pisando forte... E colle soltura no manexo da PDI para as rutinas diarias... Sempre están Hungry... Non sei como se apañan!
E xa que vimos de recibir agasallos... Aproveitamos para aprender os nomes dos xoguetes cun memory game.
Pronto nos deixarán ver o resultado final...
Agardamos que vos guste!































