CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

venres, 25 de abril de 2025

Comunicámonos

Neste programa co gallo do día internacional do autismo, dende a radio queremos visibilizar a diversidade na que vivimos mediante a lectura dun conto adaptado.

1, 2, 3... Probando!

Na nosa incesante busca por sorprender e motivar ao noso alumnado con diversidade de experiencias, esta semana tivemos unha primeira toma de contacto, nunca mellor dito, cun novo material: o Tecla a Tecla, consistente nunha placa electrónica baseada en Arduino, que funciona como un emulador de varias teclas do teclado e botóns do rato. 

O concepto básico é a condutividade. Calquera material condutor que conectemos á placa poderá converterse nunha tecla máis do teclado.


Conectando os latiguillos de tipo cocodrilo, que serán a extensión das teclas de movemento do cursor, tecla espazo, e botón esquerdo do rato, tanto á placa Arduino como a distintos materiais condutores, poderemos dotalos de acción. Neste caso dotámolos de música!!!


Tocamos por pracer, e para iso empregamos como escusa o repaso de conceptos que xa temos afianzados, como son as cores en lingua estranxeira.

A medida que dominemos a técnica, faremos desta unha ferramenta máis do noso repertorio, e usarémola ao noso antollo para enriquecer a nosa aprendizaxe. Permanecede atent@s!!!

Unha vez máis, comprobamos que esta rapazada atrévese con todo!!! 👏

 

xoves, 24 de abril de 2025

Chega o mes de abril e...

Neste novo programa de radio falamos de cultura; a orixe do mes de abril, os días máis destacados, as festas do noso concello e dos arredores.

Tamén facemos unha viaxe ao Rosal e A Garda na que vos contamos curiosidades destes dous concellos. Ademais falamos das LINGUAS MATERNAS tan importantes para visibilizar a lingua propia de Galicia, temos que coidar O GALEGO, facelo de novo a nosa lingua materna...

domingo, 6 de abril de 2025

Falamos de ferramentas?

As ferramentas que empregamos durante este trimestre foron do máis variado. Aquí tedes algúns exemplos... 

O alumnado de infantil revisou as cores a través de distintas actividades en formato EDILIM.


Outra das ferramentas foi o robot EARL 2, que empregamos para practicar vocabulario relativo ao tempo metereolóxico.



E por último, pero non por iso menos importante... 4º de Infantil, resolvendo labirintos, nos paneis Interactivos.

A esta rapazada non hai ferramenta que se lle resista!!!

venres, 4 de abril de 2025

Fin do trimestre

Remata outro trimestre longo que deu para moito... No seguinte vídeo recollemos unha pequena mostra dos traballos que nos enredaron. Agardamos que vos gusten!



martes, 1 de abril de 2025

8 M


Neste novo programa de radio imos festexar o 8 M, dende a nosa escola consideramos que é moi importante dar a coñecer aos nenos e nenas estes valores de igualdade, sen prexudicar a ninguén, debemos aprender a convivir, compartir e a respectar a todas e todos.

Tamén vos falamos do noso proxecto de centro: "As mulleres tamén fan historia". Un capítulo máis deste tema tan apaixonante.
Desexamos que gocedes del.




Unha aperta radiofónica dende Radio Negueirós, a radio que fala coma nós.