CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 28 de xaneiro de 2025

David goes to school

Este é un dos contos máis populares entre o alumnado máis novo do centro, tanto é así que xa o saben contar eles.


Agardamos que vos guste!

luns, 27 de xaneiro de 2025

Xaneiro dende Radio Negueirós!

Estamos xa en Xaneiro, escomenzando o 2º trimestre, e a nosa radio continúa coa súa andaina, escomenzamos con Radio Proxecto e as super heroínas de Galicia do século XX.

Falamos das heroínas da Illa de Sálvora, na Ría de Arousa. Eran mulleres valentes, afoutas: Ciprina, de 24 anos; Josefa, de 16 anos, e María, de 14 anos, que fixeron tres viaxes para rescatar aos náufragos do Santa Isabel, arriscando a súa propia vida.


En Ribadavia temos ás irmás Touza, que axudaron a pasar a Portugal a moitas persoas perseguidas.

Informamos tamén de: Que pasou en Xaneiro?
E imos coñecer como fai o burro, a ovella, o can, o corvo e máis, todo isto para saber máis GALEGO!

martes, 7 de xaneiro de 2025

Chegou o Inverno...

Chegou o inverno... e no cole vaise notando nos traballos, nos xogos, nas cantigas... no ambiente!!!

Pero isto non queda aquí! 

Aburiño!