Co gallo do proxecto de centro, A viaxe que nos une, o alumnado de 3º B animouse a participar no proxecto Hearts around the world, que consiste en enviar mensaxes de amizade, por Sanvalentín, a alumnado dunha escola dos Estados Unidos, país que lle foi asignado para coñecer e profundidade durante o presente curso escolar.
Pouco a pouco, redactamos pequenas mensaxes individuais, escritas en inglés.
Todas sumaron e foron collendo forma, ata converterse nun todo moi bonito.
Agora esa gran mostra de traballo en equipo vai voando cara Estados Unidos, máis concretamente voa a New Jersey, ao Washington School, onde o recibirá o alumnado de Ms D'Anneo.
Sobre este proxecto: Hearts Around the world diremos que é anual e tradición nas escolas estadounidenses. O profesorado anuncia de diversas formas que estarían interesados en recibir cartas de San Valentín de todo os estados ou incluso de outros países, co obxectivo de situalas xeográficamente nun mapa e aprender sobre eses lugares dende onde lles están escribindo. Esta foi a nosa aportación, para que nos coñezan algo mellor:
Quedamos á espera de que a reciban e ter novas dende aló, que de seguro vos contaremos.
Agardamos que vos guste.