CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 27 de novembro de 2025

Un lapbook moi vivo!

A rapazada de 4º de Primaria elabora un lapbook . A temática é a clasificación dos seres vivos en cinco reinos. 

Investigamos, coa axuda de tabletas, ordenadores e a pizarra dixital, accedendo a páxinas web educativas e a vídeos pedagóxicos. 

Nesta actividade combinamos a investigación con ferramentas dixitais e creación manual e creativa, tan importante!!!

       

 Agardamos que vos guste!


 

What's your name?

 A rapazada de 1º de educación primaria, participou nunha pequena gravación na que se presentaron brevemente: nome e idade... En próximas entregas saberemos máis cousas desta rapazada.

 


Polo de agora, agardamos que disfrutedes desta pequena gravación. 

martes, 18 de novembro de 2025

Viaxando por Australia, Xapón e Tailandia

 En relación co proxecto, A viaxe que nos une, elaboramos traballos relacionados con Australia, Xapón e Tailandia . en formato dixital ou en cartolina. 

Despois  dunha exposición oral, quedaron expostos na cortiza de cada aula.


                      


Agardamos que vos guste! 

luns, 17 de novembro de 2025

Koi Fish

O alumnado de 5º de Primaria viaxa a Xapón, como parte do proxecto de centro A viaxe que nos une. Nestes momentos adican as sesións de Arts a pintar Koi Fish, con acuarela e tiza. Os koi Fish son un tipo de carpa, colorida e cargada de simbolismo no mundo asiático. Aquí vos deixamos unha mostra dos seus traballos:


 Agardo que vos guste!!!

venres, 7 de novembro de 2025

Previsión para a fin de semana!

Dende o proxecto: A viaxe que nos une, se viaxades nesta fin de semana, prestade atención ao tempo!! O alumnado de 2º A vaivos dar a previsión destes países...


 Agardamos que vos guste!

mércores, 5 de novembro de 2025

O tempo anda revolto!!!

Hoxe o alumnado de 2º B vaivos falar do tempo meteorolóxico en distintos países. Como ben sabedes, o proxecto de centro, "A viaxe que nos une", lévanos a viaxar e coñecer distintos países. Pois antes de facer a maleta... Imos ver que tempo vai!!!

 
 
 

 
 
Agardamos que vos guste!!!!

martes, 4 de novembro de 2025

Aquí cando se xoga?

Despois de elaborar os traballos máis pintorescos... Dende cabazas,

 

monstros,


ata pantasmas, morcegos e arañas...
  

...tocou xogar!!!! 
 

Todas estas actividades permitíronlle ao noso alumnado... "apreciar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística a partir da lingua estranxeira, identificando e valorando as diferenzas e semellanzas entre linguas e culturas."