CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

luns, 31 de marzo de 2025

Celebramos a Rosalía


No noso programa de hoxe, falarémosvos do noso PDI de Centro "As mulleres tamén fan historia". Un episodio máis para coñecer un pouquiño máis da nosa historia. Tamén falaremos de Rosalía de Castro xa que como cada ano celebramos na nosa escola o día de Rosalía o 23 de febreiro, data na que se conmemora o seu nacemento.

Desexamos que gocedes do programa.

luns, 17 de marzo de 2025

Mulleres na Ciencia

Neste programa de radio imos contarvos todo o que investigamos sobre "As mulleres e a ciencia", aprendemos moitas cousas e despois de recabar información fixemos o noso programa de radio e con todos os datos realizamos unhas fichas informativas sobre algunhas das científicas máis importantes da historia, aínda que nos quedaron moitas sen expoñer.

Tamén vos contamos curiosidades do noso Entroido.

Desexamos que gocedes do programa. Unha aperta grande dende o CEIP Manuel Padín Truiteiro. Aburiño.