CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
mércores, 18 de decembro de 2024
Decembro en Radio Negueirós
martes, 10 de decembro de 2024
Debuxamos como Yayoi Kusama
Se a nosa primeira obra de arte foi un graffiti, inspirándonos na artista afgá Samsha Hassani, o seguinte paso foi uns motivos de outono inspirados en Yayoi Kusama.
Tras debuxar cadansúa infinity net, sobre ela pegamos un motivo vexetal (pumpkins and mushrooms), debuxado, recortado e decorado co motivo máis característico da artista: os polka dots.
Quedounos ben vistoso! Dará cor aos nosos corredores ata chegar o inverno...
martes, 3 de decembro de 2024
Goodbye Autumn!
Despedimos o outono, que na nosa escola pasou voando entre tarefa e tarefa. Abofé que o noso alumnado estivo ben ocupado...
Aprendemos as cores do outono, os froitos... Con cantigas e xogos...
Apreciamos paisaxes de outono, convertidos en quebracabezas.
E mesmo contamos contos, contos que escribiron outros...
E contos feitos por nós!!! Contos que despois de coloreados e decorados, ben merecen ser contados!
Os días pasan e vai chegando o inverno... Pero ese... Xa é outro conto!
Bye🍂🎃
luns, 2 de decembro de 2024
25 N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres
As mulleres só queren IGUALDADE, e dende a nosa escola tentamos que así sexa, educando ao noso alumnado na IGUALDADE.





.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)










