CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 20 de xuño de 2024

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2024

 Preme na imaxe para ver o festival na nosa páxina web.

5º PRIMARIA VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN E SAN ANTÓN

O mércores 19 fomos a illa de San Smón e San Antón.

Primeiro fomos no autbús ata o Museo de Meirande e mentres que non viña o barco tivemos que merendar.  Unha vez que chegou o barco os de quinto fomos arriba e os de sexto foron abaixo, Durante a travesía acompañáronnos uns golfiños.

Ao chegar á illa os guias  contáronnos  toda a historia das illas mentres nos  ensinaban as illas

A volta no barco os de quinto foron abaixo e os de sexto enriba. 

Pasámolo moi ben. Foi un día fantástico!!!



mércores, 19 de xuño de 2024

2 islands, 1000 stories

O alumnado de terceiro realizou un libro propio, en inglés, sobre a Illa de San Simón, a natureza e a historia. O resultado foi verdadeiramente profesional.

Trátase dun (audio)libro no que o alumnado abordou os distintos oficios da fase do libro: ilustradores, escritores e, neste caso, tamén lectores.

No cole temos a versión física, que compartimos coa comunidade educativa a través dunha versión dixital:

Parabéns polo traballo realizado!!! 👏👏👏👏👏

sábado, 15 de xuño de 2024

A NOSA COLLEITA

Somos as nenas de 5ª B e na materia de Competencial plantamos unhas leitugas lisas, rizas e folla de roble. Despois plantamos  pementos de Padrón, que uns pican e outros non e tamén tomates Cherry .

Tivemos que ir todos os días a regar.

Pasaron dous meses e xa recollemos as nosas leitugas .

Esperamos recoller pronto os pementos.

As leitugas estaban deliciosas. Foi moi divertido !!


venres, 14 de xuño de 2024

ROBOT ARTICULADO

Somos unhas nenas de 5º, chamámonos Amina e Islame e fixemos un robot articulado. Utilizamos  carton, pintura negra e papel.     

O primeiro paso foi coller carton e facer dúas pernas, para que se movan puxemos dous buracos en cada lado da perna. Tamén collemos un trozo de cartolina e enrollámola. Collemos as dúas pernas e coa cartolina poñemos en cada lado da perna e así móvense.

Despois, para facer o corpo  fixemos un cadrado, ao terminar o corpo facemos os brazos , son como as pernas so que mais pequenos.  

E para terminar o robot facemos a cara que é tamen con cartón para que teña unha cabeza asi fixémola en 3D. 

Para decorarlo pintámolo de negro e puxémoslle nas dúas pernas e nas mans trozos de papel.

Este é o noso robot articulado esperamos que vos gustase.


Tamen fixemos unha noria con paus de cores de diferentes tamaños. Engadímoslle luz na base cun circuíto eléctrico. 

Pasámolo xenial facendo estes proxectos!

xoves, 13 de xuño de 2024

It's time for English!!!

Acabamos outro trimestre e con el despedimos o curso!!! 

Foi un trimestre animado, cheo de bo tempo, excursións, actuacións e... xogos!!! A nosa ferramenta favorita para aprender. Tívemolos de tódolos tipos.

Xogos de mesa...

Beebot...

Bloques de construcción...

Estoxos Mini arco...


Y entre xogo e xogo, e tirada e tirada, aínda quedou  tempo para facer o PIRATA!!! Todo pirata que se precie debe...🦜🏝

     ter a súa canción pirata!!


saber usar un mapa para atopar o tesouro!!


coñecer historias sobre outros piratas!!!
 

coñecer as profundidades marinas e as súas criaturas!!!

Tamén houbo tempo para a creatividade... Aquí algúns exemplos:


Libro cartoneiro, Flowers and bees, da rapazada de 5º de infantil.


E... a decoración do noso pasillo: The washing line, a cargo de 3º de primaria, ases da decoración.

     


 Bye!!👋🌊

venres, 7 de xuño de 2024

COMO REACIONAN AS BACTERIAS

Son unha nena de 5ºB, chámome Valentina Veiga e fixen un experimento que funciona botándolle auga a un recipente.
Con goma Eva construín a silueta dunha casa, cortei unha tira pola metade, cun pauciño botelle Fairy e as bacterias empurraron a goma Eva.
Paseino moi ben!!!

Construimos historia!

Este trimestre os alumnos/as de 4ªA  traballamos a historia e as súas etapas, ademáis de buscar información e elaborar diferentes traballos, fixemos estas fantásticas maquetas.

xoves, 6 de xuño de 2024

VOLCÁN

Somos 3 nenas de 5ºB  que nos chamamos: Nerea, Aldara e Lola.

Xuntámonos para facer  un volcán.

Cando xa o  tiñamos feito utilizamos: bicarbonato, vinagre branco, Fairy e colorante.

Cando mesturamos todo fíxose unha reacción química e saiu un líquido branco polo cráter.

Foi unha esperiencia inolvidable !!! 

TORRE DE PAPEL

Nós, seis nenos de 5º B, fixemos un proxecto que pode co peso dun adulto.

1º Cuns paus de madeira, e con cola branca, fixemos aproximadamente 150 tubos de papel!!!

2º Calculamos a metade, e medimos 10 cm para cada lado,  marcábamolos con rotulador. Despóis cortábamos o marcado e acumulábamos os tubos.

3º Collemos os tubos e con silicona  pegámolos para facer a base. Máis tarde, pegámolos para arriba facendo cubos.

4º Pegamos un tubo dende unha punta de arriba ata a outra.

5º Finalmente dúas nenas subíronse á vez, e resistiu o peso.

Se bos preguntades como pode aguantar contareivos que  fixémolo en estrutura triangulada, xa que o triángulo é a forma xeométrica que máis reparte o peso.

Foi un proxecto moi difícil, pero moi divertido.

Agardamos que vos interesase.