Hoxe asistimos ao teatro para ver: "HUGO" de Naufragos Teatro.
Actividades escolares AFUNDACIÓN Obra Social Abanca.
Gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022. Hugo conta a historia da amizade de Hugo e Laia. Unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia, chea de sensibilidade e empatía, que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes.
Encantounos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario