CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 29 de febreiro de 2024

It's time for English!!!

Parece que foi onte cando comezaba o curso, pero o certo é que xa levamos meses rodando xuntos e dende entón fixemos moito... Aquí vos queremos mostrar unha pequena parte de tantísimas cousas que levamos feito...

En outubro traballamos contos de medo en inglés, o que nos levou a deseñar un mural que metía verdadeiro medo... O alumnado de 1º, 2º e 3º estivo ben aplicado!

Houbo Monstros con nome, Monstros de cor verde... Todos eles encheron un longo corredor... de cor e criaturas, cando menos curiosas. A todas elas, coma se dos nosos medos se tratara berrámoslle... Go Away!!! (Liscade!!!).

Deberon entender a nosa mensaxe... Liscaron e deron paso ao frío inverno!!! Afanámonos a facer cousas con neve, por todas partes e en todo tipo de materiais... Con moita ilusión de ver nevar....

Fixémoslle un mural...


E unha cidade nevada...

E ata postais con bonecos de neve!!!

Entre tanto traballo intenso chegou o Nadal, que.... non trouxo neve, pero trouxo as historias propias desta época do ano, que tamén inspiraron algún dos nosos traballos... Como a casiña do... Gingerbread man! Del pódevos falar a rapazada de 2º de primaria!

  

Se tiñamos ilusión por ver neve, non foi menos a ilusión por ver a Santa Claus!!! Antes de que o día chegase, elaboramos doorhangers, para as portas dos nosos cuartos. Tiñamos que facer todo o necesario por asegurarnos que parase nas nosas casas... E abofé que parou!!! Á volta das vacacións, boa parte do noso alumnado asegurou telo visto en mil sitios!!!
O alumnado de 1º encargouse dos doorhangers.


E coa volta á rutina, nun arbir e pechar de ollos... chegou o Entroido, que trouxo unha chea de ideas do máis divertidas, sempre!! O noso alumnado de seguro se caracteriza polo bo humor!!! 
Aquí unha mostra, dunha improvisación nunha clase de 3º.

Agora, preparámonos para a primavera... Non sabemos que nos deparará, pero de seguro que estaremos sempre argallando algo!! Xa volo amosaremos!!

See you soon!

venres, 2 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 Di Cora que....

Esta semana de febreiro

o entroido é o primeiro.

Durante toda a semana, 

vén como che dea a gana,

un disfrace cada día cheo, 

de ledicia e alegría.