CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 20 de outubro de 2026

Visita de Brazolinda!!

O pasado luns a rapazada de 6º recibiu a visita do proxecto Brazolinda, basado no deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Esta actividade foi proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua. 

Os xogos elixidos para esta ocasión foron:

A noite do meigallo (adiviñas e rimas).

Sálvora (baseados en feitos reais).

O gatipedro (lendas galegas).

A fume de caroozo (no que se encargarán de gardar un segredo).

 

O alumnado de 6º  foron os encargados de aprender e serán os encargados de ensinarlles a outros compañeiros. Esta é unha pequena mostra de como lles foi:

 

 

 

 

 

 

 

Agora deberán rematar a misión: xogar con outros cursos!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario