O alumnado de 2º, polas conmemoracións do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, participou nun xogo de mulleres científicas con robot educativo. A actividade tiña como obxectivos:
Coñecer e identificar mulleres científicas relevantes e as súas achegas á ciencia. Relacionar cada científica co descubrimento ou investigación que a fixo destacada.
Desenvolver a curiosidade científica e o interese pola investigación. Fomentar a igualdade de xénero na ciencia, visibilizando referentes femininos.
O alumnado organízouse en equipos de 3 ou 4 persoas.
No panel aparecen imaxes de diferentes mulleres científicas e existen tarxetas cos seus descubrimentos ou achegas á ciencia.
Pasos:
1. Cada equipo colle unha tarxeta co nome dunha científica ou co seu descubrimento.
2. O grupo debe identificar a científica correspondente no panel.
3. A continuación, programan o robot educativo (Earl/Bee-Bot) para que se despraze polo taboleiro ata chegar á imaxe da científica.
4. Finalmente, deben levar o robot ata a tarxeta co descubrimento científico relacionado con ela.
Se a relación é correcta e o robot chega ao destino axeitado, o equipo supera o reto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario