Unha vez familiarizado coas novas ferramentas, o noso alumnado sube un chanzo na escaleira da súa aprendizaxe. A rapazada de 5º e 6º pasou de superar os retos propostos polo profesorado, a ser quen de facer os seus propios, relacionados cos contidos traballados nas
distintas áreas e proporllos aos compañeiros e compañeiras
segundo o lugar ao que decidan levar o robot.
CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
mércores, 4 de xuño de 2025
Retos con Robot Coding Set
Teñen o mellor que se pode ter: ganas de aprender!!
luns, 2 de xuño de 2025
Women in Photography
Dende as seccións bilingües quixemos facer a nosa pequena achega ao proxecto de centro: Mulleres que fan Historia. Deste modo, dende Educación visual e plástica, e como punto final a unidade didáctica sobre Dora Maar, o alumnado mergullouse na web: https://www.womenphotograph.com/, onde puido gozar de milleiros de fotos realizadas por fotógrafas do mundo, e escoller a súa favorita.
Coa nosa selección, fixemos unha Lightbox Gallery colaborativa, na aula virtual, que plasmamos fisicamente no noso libro de fotógrafas.
Agardamos que vos guste!📷
martes, 27 de maio de 2025
E chegou Maio
Chegou maio á escola, que rápido pasou o curso, xa non queda nada...
Neste programa de radio imos falar da tradición de 1 de Maio, a súa historia, o seu porqué...
Outras celebracións propias deste mes son o día da nai, o 2 de Maio na comunidade de Madrid...
Pero se algo festexamos neste mes é ... O día das Letras Galegas, que neste ano homenaxea ás cantareiras, que gardaron a poesía poular oral, representadas por Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema.
Se queredes saber que outras datas importantes hai neste mes, que significa Green washing... e tantas outras curisosidades sobre pesticidas e refráns, escoitade atentamente!!
Grazas unha vez máis por escoitarnos!!
Un saúdo agarimoso.
luns, 26 de maio de 2025
A electricidade
Nas últimas semanas o alumnado de 6º abordou o tema da electricidade, dende distintas perspectivas. En primeiro lugar comprobou o significado de condutividade. Experimentou con distintos materiais, comprobando se eran condutores de electricidade, coa axuda dunha nova ferramenta: tecla-tecla.
A continuación participaron na elaboración de circuítos eléctricos con cinta condutora en diferentes padróns.
Foron dúas sesións de actividades con materiais manipulábeis, nas que o alumnado manexou distintos materiais co obxecto de aprender, explorar e desenvolver habilidades motoras finas, e durante as aprendeu dunha maneira práctica e divertida.
As actividades con material manipulábel ofrecen beneficios como: o desenvolvemento de habilidades motoras finas, o desenvolvemento da coordinación ollo-mano, a estimulación cognitiva, o desenvolvemento de habilidades sociais, a mellora da atención e concentración e a mellora da independencia funcional.
Agardamos que vos gustase!! 💡
luns, 12 de maio de 2025
Matata Lab
venres, 25 de abril de 2025
Comunicámonos
Neste programa co gallo do día internacional do autismo, dende a radio queremos visibilizar a diversidade na que vivimos mediante a lectura dun conto adaptado.
1, 2, 3... Probando!
Na nosa incesante busca por sorprender e motivar ao noso alumnado con diversidade de experiencias, esta semana tivemos unha primeira toma de contacto, nunca mellor dito, cun novo material: o Tecla a Tecla, consistente nunha placa electrónica baseada en Arduino, que funciona como un emulador de varias teclas do teclado e botóns do rato.
O concepto básico é a condutividade. Calquera material condutor que conectemos á placa poderá converterse nunha tecla máis do teclado.
Conectando os latiguillos de tipo cocodrilo, que serán a extensión das teclas de movemento do cursor, tecla espazo, e botón esquerdo do rato, tanto á placa Arduino como a distintos materiais condutores, poderemos dotalos de acción. Neste caso dotámolos de música!!!
A medida que dominemos a técnica, faremos desta unha ferramenta máis do noso repertorio, e usarémola ao noso antollo para enriquecer a nosa aprendizaxe. Permanecede atent@s!!!
Unha vez máis, comprobamos que esta rapazada atrévese con todo!!! 👏
xoves, 24 de abril de 2025
Chega o mes de abril e...
domingo, 6 de abril de 2025
Falamos de ferramentas?
As ferramentas que empregamos durante este trimestre foron do máis variado. Aquí tedes algúns exemplos...
O alumnado de infantil revisou as cores a través de distintas actividades en formato EDILIM.
A esta rapazada non hai ferramenta que se lle resista!!!
venres, 4 de abril de 2025
Fin do trimestre
Remata outro trimestre longo que deu para moito... No seguinte vídeo recollemos unha pequena mostra dos traballos que nos enredaron. Agardamos que vos gusten!
martes, 1 de abril de 2025
8 M
Neste novo programa de radio imos festexar o 8 M, dende a nosa escola consideramos que é moi importante dar a coñecer aos nenos e nenas estes valores de igualdade, sen prexudicar a ninguén, debemos aprender a convivir, compartir e a respectar a todas e todos.
Desexamos que gocedes del.
Unha aperta radiofónica dende Radio Negueirós, a radio que fala coma nós.
luns, 31 de marzo de 2025
Celebramos a Rosalía
No noso programa de hoxe, falarémosvos do noso PDI de Centro "As mulleres tamén fan historia". Un episodio máis para coñecer un pouquiño máis da nosa historia. Tamén falaremos de Rosalía de Castro xa que como cada ano celebramos na nosa escola o día de Rosalía o 23 de febreiro, data na que se conmemora o seu nacemento.
luns, 17 de marzo de 2025
Mulleres na Ciencia
Desexamos que gocedes do programa. Unha aperta grande dende o CEIP Manuel Padín Truiteiro. Aburiño.
xoves, 27 de febreiro de 2025
mércores, 26 de febreiro de 2025
martes, 25 de febreiro de 2025
luns, 24 de febreiro de 2025
Obradoiro de fotografía
Desta vez, recibimos a visita do mestre Demetrio, que volveu ás aulas do Padín para facernos un obradoiro, no que falou sobre a evolución da cámara escura e deunos unhas pautas para poder elaborar a nosa. Grazas por compartir o teu tempo e saber con nós!
venres, 21 de febreiro de 2025
mércores, 12 de febreiro de 2025
Programa pola Paz
Como o noso programa de hoxe versa sobre "A Paz" imos recitar un poema ben fermoso de Niemöler e ademais leremos "Carbón para Mike" unha fermosa historia de solidariedade.
Desexamos que gocedes do programa, tanto como gozamos nós ao facelo.



























