CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 3 de decembro de 2024

Goodbye Autumn!

Despedimos o outono, que na nosa escola pasou voando entre tarefa e tarefa. Abofé que o noso alumnado estivo ben ocupado...

Aprendemos as cores do outono, os froitos... Con cantigas e xogos...



Apreciamos paisaxes de outono, convertidos en quebracabezas.


E mesmo contamos contos, contos que escribiron outros...

E contos feitos por nós!!! Contos que despois de coloreados e decorados, ben merecen ser contados!

Os días pasan e vai chegando o inverno... Pero ese... Xa é outro conto!

Bye🍂🎃

luns, 2 de decembro de 2024

25 N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres

O 25 de novembro na nosa escola lembramos o por que dese día, da visión patriarcal que levou á matanza das irmáns Mirabal, as volvoretas da liberdade.

Hoxe en día segue a haber moitas irmáns Mirabal, mulleres que viven nun mar de bágoas escondidas.

As mulleres só queren IGUALDADE, e dende a nosa escola tentamos que así sexa, educando ao noso alumnado na IGUALDADE.

venres, 15 de novembro de 2024

Solidaridade con Valencia

Hoxe dende Radio Negueirós, a radio que fala coma Nós!, 
queremos contarvos o apenados que estamos co que aconteceu en Valencia.

Como escola e como Comunidade Educativa tiñamos que facer algo e neste programa contámosvos, ademais de falar do noso proxecto de Centro, de moitas máis cousas moi interesantes para todas e todos nós.

Grazas por escoitarnos!!!


martes, 12 de novembro de 2024

Primeiros pasos...

 Tras unhas breves actividades iniciais, nas que...

 Acordamos normas...


Coñecemos o vocabulario e materiais que imos empregar...

Entramos en materia! Facemos un graffiti, inspirados na artista afgá Shamsia Hassani!




Podedes ver o vídeo aquí:

luns, 11 de novembro de 2024

1º podcast da tempada!!!!

Neste 1º programa do curso 2024-2025, imos contarvos do noso proxecto de Centro en radio proxecto, un dos apartados dos nosos programas de radio. Este ano coñeceremos mulleres que fan historia, mulleres das nosas vidas que tamén a fan, etc.

Teremos radio curiosidades, apartado no que vos falaremos neste programa dos cemiterios de naves espaciais.

En radio esperanza falamos das nosas esperanzas de axudar a crear un mundo mellor. Ogallá poidamos facelo!

En radio natureza hoxe toca falar das abellas!!

En radio historia falaremos da perda de apelidos galegos ao longo da historia.

Finalmente, dende radio valores falaremos das normas de convivencia na escola e fóra dela.

Desexamos que gocedes del e que vos guste. Grazas por escoitarnos!

martes, 5 de novembro de 2024

This is Halloween!

Dende o departamento de Inglés adicamos a semana a distintas actividades temáticas.

O alumnado de infantil disfrutou decorando: pumkins, monsters e spiders, con plastilina.


Tamén completaron puzzles de criaturas típicas deste tempo.



Sen esquecer o lado máis artístico, tamén houbo tempo de pincel.



Pola súa banda o alumnado de 1º axudou a decorar a porta da clase. Depois dunha lectura activa do conto... Go away, Big Green Monster!, deron boa conta do terrible que e este foi o resultado.

 


Agardamos que vos guste!
👻

mércores, 30 de outubro de 2024

5º PRIMARIA NO SAMAÍN 2024


FOI UN SAMAÍN XENIAL!!!

luns, 14 de outubro de 2024

Back to school!!!!!

 BACK TO SCHOOL!!!!

Prezadas familias estamos de volta!!! O alumnado xa está rodando... Estas son as súas primeiras produccións...

Se as casas se empezan dende abaixo, en infantil aprendemos a presentarnos e dicir o noso nome:

O alumnado de primaria estrou o corredor co seu primeiro mural "Every Crayon is Unique".


Tamén o alumnado de 5º e 6º emepeza a rematar as primeiras produccións:cartaces coas normas de clase e tarxetas dos materiais que poderiamos necesitar na clase de Arts & Crafts.










Agardamos que vos guste esta pequeniña mostra do gran traballo que fan.

mércores, 2 de outubro de 2024

mércores, 19 de xuño de 2024

2 islands, 1000 stories

O alumnado de terceiro realizou un libro propio, en inglés, sobre a Illa de San Simón, a natureza e a historia. O resultado foi verdadeiramente profesional.

Trátase dun (audio)libro no que o alumnado abordou os distintos oficios da fase do libro: ilustradores, escritores e, neste caso, tamén lectores.

No cole temos a versión física, que compartimos coa comunidade educativa a través dunha versión dixital:

Parabéns polo traballo realizado!!! 👏👏👏👏👏

sábado, 15 de xuño de 2024

A NOSA COLLEITA

Somos as nenas de 5ª B e na materia de Competencial plantamos unhas leitugas lisas, rizas e folla de roble. Despois plantamos  pementos de Padrón, que uns pican e outros non e tamén tomates Cherry .

Tivemos que ir todos os días a regar.

Pasaron dous meses e xa recollemos as nosas leitugas .

Esperamos recoller pronto os pementos.

As leitugas estaban deliciosas. Foi moi divertido !!




venres, 14 de xuño de 2024

ROBOT ARTICULADO

Somos unhas nenas de 5º, chamámonos Amina e Islame e fixemos un robot articulado. Utilizamos  carton, pintura negra e papel.     

O primeiro paso foi coller carton e facer dúas pernas, para que se movan puxemos dous buracos en cada lado da perna. Tamén collemos un trozo de cartolina e enrollámola. Collemos as dúas pernas e coa cartolina poñemos en cada lado da perna e así móvense.

Despois, para facer o corpo  fixemos un cadrado, ao terminar o corpo facemos os brazos , son como as pernas so que mais pequenos.  

E para terminar o robot facemos a cara que é tamen con cartón para que teña unha cabeza asi fixémola en 3D. 

Para decorarlo pintámolo de negro e puxémoslle nas dúas pernas e nas mans trozos de papel.

Este é o noso robot articulado esperamos que vos gustase.


Tamen fixemos unha noria con paus de cores de diferentes tamaños. Engadímoslle luz na base cun circuíto eléctrico. 


Pasámolo xenial facendo estes proxectos!

xoves, 13 de xuño de 2024

It's time for English!!!

Acabamos outro trimestre e con el despedimos o curso!!! 

Foi un trimestre animado, cheo de bo tempo, excursións, actuacións e... xogos!!! A nosa ferramenta favorita para aprender. Tívemolos de tódolos tipos.

Xogos de mesa...

Beebot...

Bloques de construcción...

Estoxos Mini arco...


Y entre xogo e xogo, e tirada e tirada, aínda quedou  tempo para facer o PIRATA!!! Todo pirata que se precie debe...🦜🏝

     ter a súa canción pirata!!


saber usar un mapa para atopar o tesouro!!


coñecer historias sobre outros piratas!!!
 

coñecer as profundidades marinas e as súas criaturas!!!

Tamén houbo tempo para a creatividade... Aquí algúns exemplos:


Libro cartoneiro, Flowers and bees, da rapazada de 5º de infantil.


E... a decoración do noso pasillo: The washing line, a cargo de 3º de primaria, ases da decoración.

     


 Bye!!👋🌊

venres, 7 de xuño de 2024

COMO REACIONAN AS BACTERIAS

Son unha nena de 5ºB, chámome Valentina Veiga e fixen un experimento que funciona botándolle auga a un recipente.
Con goma Eva construín a silueta dunha casa, cortei unha tira pola metade, cun pauciño boteille Fairy e as bacterias empurraron a goma Eva.
Paseino moi ben!!!